Manual de desobediencia económica

manual de desobediencia económica

manual de desobediencia económica

Manual de Desobediencia económica

Coordinación: DerechodeRebelión.NET
Deseño gráfico e maquetación:
ardillaroja – Comissió de Comunicació, Cooperativa Integral Catalana.
Ilustración de portada: @livreteca
ISBN: 978-84-606-8659-0
Edición: 2015

Nestes tempos nos que se levanta a manta da corrupción, vivimos un punto de inflexión dun ciclo histórico no que a representación do Estado non pode agochar por máis tempo a dimensión da súa vileza.
A impunidade dos individuos de sempre contrasta coa criminalización dos movementos sociais e o asedio a todas aquelas persoas que a diario se dinsi mesmas: xa abonda.
Neste contexto, desobediencia e insubmisión van máis aló dunha cuestión puramente ideolóxica. Trátase de darlle algún sentido á palabra xustiza.
Trátase da nosa dignidade, pero aínda máis, de perder o medo, xa que nos queren quitar todo agás o dereito a consumir e o deber de obedecer.
É moito o que podemos recuperar se lle desobedecemos tamén ao medo; outra orde social na que as persoas sexan o máis importante.
Temos moito por facer, e quen sabe onde podemos chegar desta volta…
Vémonos no camiño.
Nesta terceira edición do Manual de Desobediencia Económica queremos convidarvos a dar algúns pasos para facer a vosa vida máis coherente co voso xeito de pensar e sentir.

En concreto dirixímonos a quen queirades deixar de actuar forzadas pola  presión económica e queirades adicar o voso tempo a unha actividade que realmente faga que vos sintades realizadas. Tamén a aquelas persoas que desexen que os seus cartos, como froito do seu traballo, vaian destinados a quelo no que cren e non aos bancos, nin soldos de políticos, nin armamento, nin grandes infraestruturas… entre outros malos usos cos que non queremos colaborar.
O Estado está pagando para satisfacer e engordar o negocio dos bancos de mais especuladores financeiros, máis diñeiro que o que se veu “obrigado” a recortar nas diversas partidas orzamentarias.
A través deste Manual, participamos do chamamento para iniciar e estender unha acción de insubmisión fiscal ao Estado español e cara quen o controlan, como acción consecuente para demostrar que non pagaremos as súas débedas, porque non recoñecemos a actual Constitución, nin o actual goberno de monicreques do capitalismo financeiro global, nin os Orzamentos do Estado 2015.

No sitio diso, apostamos pola autoxestión fiscal.
Para iso promoveremos que os recursos que non queremos pagar ao Estado, se deriven a proxectos  autoxestionados que sexan útiles para cubrir as necesidades da poboación. Aínda que o Manual, por canto a datos, leis e experiencias ás que se fai referencia, está redactado en clave do Estado español, esperamos que inspire á desobediencia en calquera lugar do globo, posto que a situación que vivimos aquí é común a moitos países do mundo.
Neste sentido esperamos contar coa colaboración de decenas de persoas voluntarias para poder traducilo a múltiples idiomas.

(Texto tomado da introducción o manual)

Descarga ou lee en liña Manual de Desobediencia económica (PDF)

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s