Bo Coñecer/ FLOK Society

Coñecemento aberto, conocimiento abierto, free KnowledgementFLOK Society/ Bo coñecer

Modelos Sostibles e políticas públicas para unha economía social do coñecemento comun e aberto no Estado do Ecuador.

ISBN 978-9942-21-120-0
Edición: 2015
Descargar gratis FLOK Society/Bo Coñecer en PDF

Flok siñifica Free/Libre Open Knowledgement.
Neste traballo colaborativo, en cuia construcción traballaron mais de 1500 persoas amosanse alternativas ó capitalismo coginitivo e mercantilista tanto dende o punto de resolución dos conflitos como do procedemento de resolución dende propostas de política pública, procesos participativos innovadores entre movementos sociais, institucións académicas e sectoriais e expertas rexionais e internacionais, utilizando na súa totalidade tecnoloxías libres e metodoloxías colaborativas.
Este proxecto de investigación/acción participativa aberto nacido no Estado do Ecuador atravesa as fronteiras para dialogar co mundo arredor das propostas de transformación estatal e rexional cara unha economía social do coñecemento común e aberto.
O Manual abarca os eidos dos:

.- Recursos educativos abertos.

.- Investigación colaborativa, participativa e aberta.

.- Acceso e disponibilidade na era da cultura libre.

.- Sistemas agrolimentarios abertos e sustentables.

.- Cencia cidadán, saberes ancestrais e biodiversidad aplicada a economía social do coñecemento.

.- Diseño aberto e fabricación distribuida.

.- Coñecementos libres, enerxía distribuida e empoderamento social para un troco da matriz enerxética.

.- Ecosistemas de innovación e producción baseadas no hardware libre.

.- Programas libres e de código aberto na administración pública.

.- Accesibilidade, soberanía e autoxestión das infraestructuras da comunicación.

Todo o libro está desenvolto con Software libre, e súas fontes son libres tamén e está distribuido en formatos libres.

Se decides descargalo, serás libre de copialo, modificalo, adaptalo, distribuilo ou reutilizalo e apropiarte dos contidos sempre que o fagas respetando as autorías e baixo os termos das licenzas GFDL o CC-by-sa.

WEB: http://book.floksociety.org

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s