Guia de solucións TIC para autónomos
Realizado por Agasol
As necesidades dun profesional pasan por ter un conxunto de ferramentas que lle fagan máis sinxelo organizar o seu negocio, e que lle axuden a xestionar as súas necesidades dunha maneira rápida e flexible.A continuación mostrarase unha lista de ferramentas informáticas, dispoñibles como software libre, para que o usuario poida crear documentos de texto e follas de cálculo, xestionar o seu correo electrónico e axenda de reunións, interaccionar coa súa clientela
e outros moitos procesos indispensables na xestión dun negocio.
Débese destacar que, aínda que ao principio son ferramentas gratuítas, pode que algunha delas teña servizos polos que sexa necesario pagar para ampliar as operacións ou vantaxes que contén a ferramenta.